mardi 10 août 2010
A PÈNEIRA: "NON TIVEMOS OUTRA OPCIÓN QUE O DESPEDIMENTO"
A PENEIRA [Os traballadores din que se lle deben seis meses; non é de todo certo. son cinco meses e medio e saben que o que falta para completar ese mes vano a cobrar cos ingresos da Guía de Tui; ingresos que ata este momento en que escribo esta nota non me foron entregados. Como a situación se facia insostenible non tivemos outra opción que o despido por causas económicas para que o fondo de Garantías lle poida resarcir deses meses sen cobrar; anunciándolle que a Empresa se fai cargo da porcentaxe que non acade o fondo, pensando en... [Lire la suite]
mardi 10 août 2010
BRAGADO: "HABEREMOS DE ENFRONTAR A MUDANZA DE MODELO DE CADEA DE VALOR"
MANUEL BRAGADO, en Brétemas: ["Por riba dos efectos da crise económica, é innegable que a crise do modelo actual de edición cultural europea é moi profunda, máis aínda cando o modelo de edición masiva (baseado no reinado do libro único que adquiren millóns de lectores) que o foi substituíndo nalgúns países como os Estados Unidos e o Reino Unido comeza a quebrarse. Ou o que é o mesmo, cando editores e libreiros superemos os efectos nocivos da actual crise de consumo, coa deterioración que inevitablemente vai provocar, haberemos de... [Lire la suite]
mardi 10 août 2010
IAGO MARTÍNEZ: "IGNACIO SANTOS ESTÁ Á ALTURA DOS OBXECTIVOS PARA OS QUE FOI CONTRATADO"
IAGO MARTÍNEZ opina en Xornal: [Toda programación cultural é opinábel, dende logo, e está claro que o Xacobeo podería ser máis transparente do que é nas contratacións, pero en liñas xerais Ignacio Santos está a demostrar algo tan obvio como infrecuente na política: que é un profesional da xestión cultural á altura dos obxectivos para os que foi contratado. E talvez, xunto á implantación de concursos públicos para elixir os responsábeis do CGAC e o Centro Dramático, unha das decisións máis acertadas que tomou Roberto Varela.]
