Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 août 2010

O OURO DOS PARVOS

HAI UN TEMPO, Torrente encargou a Rivas a Gran Novela Galega, que para os escritores galegos é algo así como o Nova Fronteira, aquela carreira a ningures alentada polo ouro tras o que corrían os parvos. Torrente enganouse porque Rivas é un grande en case que todo, é un clásico incuestionable, pero non na narrativa de apnea, nin vai chegar a selo porque, como explicou o holandés Harry Mulisch (Sigfrido, Tusquets) «hai grandes escritores de frases e grandes escritores de novelas». Un grao alto de ambas as virtudes pode atoparse en John Updike ou en Vargas Llosa, pero en poucos xenios máis. Camilo Gonsar, o sarriao, era un escritor de frases elementais, mais un autor de novelas abismais. Ningué recoñeceu a Gran Novela Galega, ‘A noite da aurora’ (empezan a facelo novos, coma Calveiro) porque non foi onda banderío ningún e porque non daba titulares cando o entrevistabas. Pagou a condición de discreto e a arte actual é siamesa do espectáculo. Duchamp percibiuno ben e lanzou aquela broma do urinario. Fixo a revolución revertindo os papeis da arte e do showbussines: situou o espectáculo no trono da arte. Agora alguén pretende repetir a súa fazaña ofertando un retrete no que sentaba Salinger en eBay, unha casa de subhastas na que seguen á venta obxectos de Elvis. Sorpréndeme a cantidade de cousas que utilizaba o cantante de Tupelo. Soamente unha sociedade orfa de mitos pode comercializar cun váter dun artista, pero precisamos de Novas Fronteiras, precisamos situarnos na saída da maratón pola Gran Novela Galega. No tempo de morrer, hai 33 anos, Elvis devoraba uns sandwichs de varios andares aos que chamaba O Ouro dos Parvos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité