Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 août 2010

O RETRETE DE SALINGER

ESTABA HAI un segundiño pensando no que faría se tivese un millón de dólares nunha conta dunha tía adiñeirada de New Hampshire sobre a que eu non soubese ata logo do seu pasamento. Trataba de decidir se poxaría polo retrete de Salinger que unha señora ofrece en eBay por esa cantidade. Tratar de facerme con tan singular evacuatorio seméllame algo razoable, porque, como anima a publicidade da cibercasa de subhastas, «quen sabe cantas historias se concibiron e pasaron ao papel mentres Salinger estaba sentado no seu trono». A verdade, non visualizo a un túzaro desa calidade proxectando O vixía no centeo (Xerais) en semellante disposición, aínda que si, practicando a lectura no baño, un costume que salvou a literatura breve de Occidente. Porén, a lectura no w.c. atopou grandes resistencias entre os propios escritores. Henry Miller turra contra ela en Os livros da minha vida (Antígona). O autor de Trópico de cáncer (Galaxia) razoa que ese tempo que dedicamos «a nós mesmos, ese momento de pequena gloria, non pode ser interrompido pola concentración en material impreso». Estou certo de que eu nunca poxaría pola intimidade hixiénica de Miller despois de lerlle que «teño a certidume de que ningún escritor, nin sequera morto, se sentiría loubado se alguén asociara a súa obra co sistema de cloacas». No caso de Salinger, o que me desanima é que a vendedora non dá garantía ningunha de autenticidade e o que me desconcerta é decidir en que espazo do meu piso de Lugo podería situar tan adorable obxecto: nun baño, procurándolle funcionalidade? No salón, para animar ás visitas a imaxinar unha comuñón ventral co escritor?

Publicité
Publicité
Commentaires
J
que andacio, mimá! Aínda que posto a mercar, o de Lennon ten o seu aquel.
Répondre
X
Curiosamente, tamén pode mercar outro de dono célebre: http://www.guardian.co.uk/music/2010/aug/23/lennon-toilet-sale-beatles-memorabilia
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité