Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 août 2010

EVA ALMAZÁN: "EN ESPAÑA EMPEZAN A VISIBILIZAR OS TRADUTORES COMO HAI TEMPO SE FIXO EN GALICIA"

Iago Martínez pon cara e letras á tradutora Eva Almazán, que máis dunha vez me fixo ler un libro por figurar o seu nome tras a folla de respecto: [A nova tempada editorial porá nas librarías catro traballos seus. Galaxia publicará a nova novela de Paul Auster (Sunset Park) e outra entrega de Martin Amis (A viúva preñada), ademais do terceiro volume dos Contos completos de Edgar Allan Poe. Rinoceronte, pola súa vez, distribuirá Mexillóns para cear, de Birgit Vanderbeke.

“Non creo que sexa unha fase máis, nin que a nosa posición vaia empeorar unha vez que o campo da tradución se normalice”, arrisca. “O sistema literario galego atravesa moi rapidamente etapas que a outros sistemas lles leva máis tempo superar. O español, por exemplo, está a imitar agora o galego. Empezan a visibilizar os tradutores como hai tempo que xa o facemos aquí”. Dío unha profesional convencida de que non é preciso ser licenciado para ser un bo tradutor, pero que forma parte das primeiras fornadas da facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo.

“O noso prestixio en Galicia é envexábel”, resume ao cabo. “Hai lectores que queren saber quen traduce os libros, quen os ilustra e quen os edita. Na miña xeración hai moitos tradutores, e moitos moi bos, e as editoriais fannos contratos, cousa que hai quince anos nin sequera se sabía que existise. Que hai moito que avanzar no noso oficio? Claro que si, pero sen perder a perspectiva”.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité