CALAMARO: "¿QUE HAGO EN LA REPÚBLICA DE LOS CULOBLANDOS?
Calamaro anuncia no seu blog que abandoa Twitter: [que despreciable "democracia", y que mal entendida
claro que libertad de expresion no es expresion de libertad
que perdida de tiempo escribir para hijos de homero simpson
y doña rosa (doña rosa de neustad)
tolerar resentimiento, conceptos infantiles
progresia aborregada
ideologias desaparecidas ... extinguidas hace ya tiempo
participar en un coro de subnormales generadores de concepto light
que asco de post modernismo (perdon si me rio) ...
perder media hora por dia para comprobar lo que naci sabiendo ...
siempre hay excepciones, gente excepcional
pero ... que hago metido en el medio de la republica de los culoblandos
en el decimo aniversario de aquel salmon revolucionario]
Fun follower de Calamaro durante uns días, ata que collín unha enchenta de parvadas e o borrei. Agora, descubro que el pensa sobre Twitter o mesmo ca eu sobre o seu twitter. Con todo, sigo sendo da quinta que vio el Mundial setenta y ocho
Commentaires sur CALAMARO: "¿QUE HAGO EN LA REPÚBLICA DE LOS CULOBLANDOS?
- Aí falaches, doink.

O dos twitteos entre os culturetas e literatos patrios é unha cousa ben simpática: "Es un gran xornalista", "Pois ti escribes novelas xeniais", "A ver cando nos vemos", "Non te vin na Feira", "Hoxe estou léndote e dá xenio ver que subordinadas, meu", etc. Logo lense reportaxes nos xornais que collen un pouco dun twitter de por alí e outro por alí, o xornalista pon os adxectivos suficientes para que pareza que se currou as fontes coma se fose Hunter S. Thompson, e asunto rematado. Dende logo, as redes sociais están conseguindo que os xornalistas do século XXI gasten medio soldo en antihemorroidais.
Bueno, eu estou enganchado aos comentarios do Marca, así que son o primero en entoar o mea culpa. Desculpen que me poña agrio. Tamén padezo o mal polos baixos fondos. - Sufroensilencio, afortunadamente hai vías diferentes para exercer o xornalismos que pillar unha chea de LSD cos Anxos do Inferno ou facer un collage de twitadas. A gran maioría dos que nos dedicamos a isto, traballamos con seriedade porque nos vai a hipoteca no asunto. Sobre os do Marca non podo opinar, o meu ámbito profesional e de intereses é ben outro.

- Recoméndolle prudencia, Jaureguizar, cos "conceptos infantiles". Para moita xente da "elite cultural", algo dito con sinxeleza é algo simple. Ese si que é un concepto infantil. E enfin, xa se sabe que o andazo desta época é a corrección política. A verdade pode ser defenestrada por non soar respectuosa.




