Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 août 2010

FERNÁNDEZ PAZ VIAXA ATA AS FRONTEIRAS DO MEDO

Agustín Fernández Paz está ultimando cinco contos de terror, que agrupará baixo o nome de As fronteiras do medo nun libro que publicará Rodeira, a editora que dirixe Alfonso García Sanmartín, nos vindeiros meses. O escritor foi nomeando e trazando unhas liñas do comezo de cada conto. Dese xeito, sobre o texto que abrirá o volume, A voz do sangue, informou de que colleu emprestado o título dun cadro de Henri Matisse no que se ve un carballo que ten dúas portas abertas no tronco. Na de arriba vese unha esfera e na de abaixo, o interior dunha casa. Ese relato cando o protagonista recibe «unha herdanza dun tío seu, que era un escritor de contos infantís moi famoso, e que consiste nunha casa na Mariña de Lugo e nunha fortuna en dereitos de autor». O seguinte conto, «é un relato breve que está protagonizado por un grupo de teatro ambulante que se chama, coma o propio relato, Os Fillos de Hamlet». Fernández Paz engade que «van por unha estrada galega e acontécelles algo». Tras esa referencia a Shakespeare, chegará O enigma do menhir. Neste relato, «unha muller adulta lembra un suceso importante que lle cambiou a vida». O pozo «é o máis clásico, vai na liña de Lovecraft», sitúa Fernández Paz. A trama comeza cunha familia «que vai de veraneo a unha casa de Pontedeume, onde atopa un pozo cheo de misterios». O cuarto relato non ten título; é dicir, tiña título, pero perdeuno porque se chamaba Os ollos de K, idéntico a unha novela de Riveiro Coello. «Eu non o sabía, pero terei que buscar outro», asume o autor vilalbés. Ese conto está protagonizado «por un psicólogo condutual que vai vivindo malamente e se transforma en adiviño de tarot», adianta Fernández Paz. O escritor revela que ese texto nace dunha aposta que fixo con outros autores galegos cos que compartía a Feira do Libros Infantil e Xuvenil de Bologna. As fronteiras do medo é froito dunha petición de García Sanmartín que animou a Agustín Fernández Paz a recuperar un conto ambientado en Fene e publicado na localidade coruñesa pois escribírao para unha feira do libro. Outro deles estaba escrito, pero sen recoller en libro ningún.O escritor desenvolveu tres contos máis para completar o libro. Agustín Fernández Paz está traballando actualmente nun novo libro, que xirará arredor do cinema e que conta coa colaboración de Miguel Anxo Prado como ilustrador.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité