dimanche 29 août 2010

FERNÁNDEZ PAZ VIAXA ATA AS FRONTEIRAS DO MEDO

Agustín Fernández Paz está ultimando cinco contos de terror, que agrupará baixo o nome de As fronteiras do medo nun libro que publicará Rodeira, a editora que dirixe Alfonso García Sanmartín, nos vindeiros meses. O escritor foi nomeando e trazando unhas liñas do comezo de cada conto. Dese xeito, sobre o texto que abrirá o volume, A voz do sangue, informou de que colleu emprestado o título dun cadro de Henri Matisse no que se ve un carballo que ten dúas portas abertas no tronco. Na de arriba vese unha esfera e na de abaixo, o interior... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
  1