Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 août 2010

ÁS CARREIRAS COS ENTERRADORES

ROBERTO BOLAÑO presumía de que nunca roubara un libro que non lle gustase. «O bo de roubar libros e non caixas fortes é que podes examinar o seu contido con detemento antes de perpretar o delicto», razoou o escritor na súa derradeira conversa cun periodista. Concedeulla a Mónica Maristain, daquela directora que Playboy en Suramérica. Maristain requeriulle un conto e o autor retrucoulle: «por que non me fas unhas desas enrevistas frívolas e provocadoras, como esas que adoitas facer?» O corazón do novelista estaba encollido da intuición de que o recambio de fígado que precisaba nunca se realizaría porque é algo máis azaroso que cambiarlle a batería ao móbil. Maristain vén de publicar La última entrevista a Roberto Bolaño y otras charlas con grandes escritores (Axial, 2010), unha volta de torca a esa carreira na que corren todos os xornalistas para emparentarse cos empregados das funerarias. O oficio valora enorme, desconsideramente, a última entrevista. Mesmo hai medios que a reproducen cando hai un caído con galóns nas tropas literarias. Como se fose unha cerimonia na que o destinado a cadáver vai sentezar algo fascinante que non teña expresado antes. Este diálogo entre Maristain e Bolaño é distinto. O escritor vai pingando ácedo sobre moitos colegas contemporáneos. Asunto aparte é que eu aburrise lendoa porque o desprezo que deita sobre Octavio Paz, Isabel Allende, Ángeles Mastretta, Antonio Skármetta ou Pérez Reverte, cólleme a desmán lector. Afectoume, si, a confesión de que a lección maior que tirou da súa doenza «é que non son inmortal, algo que, con 38 anos, íame sendo tempo de saber».

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité