Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 septembre 2010

MENDIGOS AGRESIVOS

OS MENDIGOS son grandes biógrafos: resumen as súas vidas completas nun cartel. Informan con tres frases sobre o lugar de procedencia, filiación, estado civil e cadro sanitario. Sospeitamos que minten, que esas memorias son tan fición coma o relato Príncipe e mendigo, de Mark Twain, onde dous rapaces cuspidiños intercambian papeis. Sabemos que as persoas que piden sumaron reveses e non restaron alegrías. A Sarkozy non lle gustan, tenos en baixa consideración moral. Comezou extraditando pobres por causas étnicas e de nacionalidade (xitanos rumanos e búlgaros), e agora vai polos esmoleiros que piden «de xeito agresivo». Gil y Gil tamén perpetrou unha diáspora de perdedores cando era alcalde de Marbella, deixando a cidade limpa para que fosen uns señoritos de xersei polos ombros e perfume de Paco Rabanne os que marchasen cos billetes en bolsas do lixo. O presidente francés debería saber que tamén el pode experimentar a incomodidade de pedir esmola mentres se aturan as refoladas da chuvia e os desprezos dos peóns grazas a mendigogame.es Ese xogo en liña permite ascender na escala social a base de recoller chatarra ou furtar comida nos bares. Iso si, practicar é gratis e o kalimotxo corre de conta da casa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité