Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 septembre 2010

UNHA SOMBRA GRIS NA PAREDE

LUCIEN E DAVID gozaban dunha noite de agosto de 1944 nun parque de Nova York no que se reunían parellas gays. Ambos os dous estaban preas, faltóns e demasiado excitados. Lucien, de 19 anos, pelexou con David, de 33, e acabou cravándolle unha navalla de boy scout no peito. No xuízo pintaría o incidente coma adulto homosexual acosando a raparigo hetero. O extraordinario, a maiores de que David era o pigmalión intelectual e sexual de asasino dende adolecescente, é que Lucien coincidiu na Universidade de Columbia con tres protoescritores Allen Ginsberg, de 18 anos; Jack Kerouac, de 22, e William Burroughs, de 30. Eles foron os primeiros en recibirlle confesión do crime e en seren procesados como encubridores. Sempre se dixo que a Xeración Beat naceu dese homicidio porque o trío obsesionouse tanto co acontecido que escribiu un repóquer de textos literarios sobre o asunto. Kerouac e Burroughs redactaron a medias Y los hipopótamos ardieron en sus tanques (Anagrama, 2010) e Gingsberg falou no seu sonado Ouveo (Positivas) sobre Lucien. Burroughs volveu a un xulgado en 1965 por mor da súa crónica dunha viaxe pola farmacopea El almuerzo desnudo (Anagrama). Levou como defensores a Ginsberg e Norman Mailer. «Unha sombra gris nunha parede lonxana, iso son eu», escribiu o acusado para definirse como drogadicto na revista Harpers, segundo El exterminador hizo bien su trabajo (que edita agora La Felguera). Esa identificación encauzouna ben Flaubert ao ser xuzgado en 1857 por «atentar contra a moral» co Madame Bovary (Galaxia). «Madame Bovary son eu», espetou a un xuíz que perplexo diante do travestismo emocional.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité