Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 septembre 2010

MARFUL ESCRIBE UN 'MANUAL DE SEDUCIÓN'

A banda Marful regresa este mes con Manual de seducción, un disco «con influencias das varietés, da música ambulante e chiscadelas ao music hall», segundo informou a súa cantante, a focense Ugia Pedreira. O álbum móvese aos ritmos de twist, slow, swing, pasodobres, jotas e mambos. A artista indica que no traballo de hai catro anos, que levaba o nome do grupo «e estaba dedicado ás orquestinas galega, mentres que desta volta guíanos a música ambulante, o music hall, a música de postais». O son tamén ten novidades «porque Marcos Teira volveu coller a guitarra eléctrica e Pedro Pascual usou a súa colección de instrumentos de cordas para a gravación, polo que soa máis complexo». Entre disco e disco marcharon catro anos «de viaxes que nos cambiaron a vida, como foi a estadía en Cuba, onde traballamos con músicos de alá, ou en Brasil», sinala a cantante. Esas achegas marcan que Manual de seducción teña unha sonoridade delimitada polo jazz e o folk, aínda que sexa unha mestura de músicas moi diversas. De feito, recuperan un tema de Orquestra Strapinni, un ha agrupación italiana. «Sentímonos cerca de bandas como O'questrada ou Deolinda, en Portugal; Pink Martini ou Paris Combo, en Francia, ou Marlango, en España», apunta Ugia Pedreira. As músicas, compostas en gran parte polo propio Marful, van acompañadas por «letras cargadas de retranca, que son moi galegas porque na ironía hai sufrimento e porque é o que se di e o que non se di, buscando a segunda volta». A andaina promocional de Manual de sedución comezará o día 16 no Teatro Colón da Coruña, co concerto de presentación. O segundo concerto con repertorio dese traballo será na Casa da Música, en Porto, sobre o que a voceira de Marful salientou que serán «o primeiro grupo galego ao que se lle abren as portas dese lugar para presentar un disco».

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Estaremos o 16 no Colón. Son admiradora de Ugia Pedreira,e de Marful, e, como non, de O´questrada e os franceses de Paris Combo. Gracias pola información: non sabía.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité