samedi 11 septembre 2010

O CRAVO DE IBON

O deber de todo neno é conquistar o mundo. Eu, que son da quinta que viu o Mundial 78 —canta Calamaro—, intenteino inutilmente. O noso proxecto para dominar o planeta comezaba nun espazo de terra no que trazabamos un gran círculo cun croquis dos continentes. Tratábase de ir chantando un cravo duns dez centímetros nos países do rival para apoderarse deles. Napoleón aplicouse mellor ca min logo de chegar á Academia Militar de Autun. A aquel adolecescente corso e rabudo cedéronlle un par de metros cadrados de terra para que os cultivase.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

  1