Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 septembre 2010

AS MOSCAS E A DEREITA RURAL

O PLAXIO que cometeu Houllebecq para escribir a novela O mapa e territorio (Flammarion) deixoume pampo. Segundo a páxina Slate.fr copiou da Wikipedia as características dunha mosca común, unha descrición da cidade de Beauvais e a vida de Fréderic Nihous (1967), un político desa dereita ruralista que tira do discurso parademocrático dos «tecnócratas de París». Desconcertoume que un escritor rapiñe textos da Wikipedia porque están defectuosamente redactados, son opinativos e poucos fiables nos datos. Cónstame que Houllebecq (lin A posibilidade dunha illa, en Rinoceronte) ten tanto interese no seu estilo como en reconciliarse coa súa nai, pero de aí a reproducir a Wikipedia... A protesta desta enciclopedia popular tenme aínda máis perplexo: se un vai de creative commons pola vida, de que todos traballamos en irmandade gratuíta, non pode queixarse de que alguén colla prestada a súa xeira. Eses defensores da cultura libre e accesible a todos deostan a figura do autor ata o punto de pretender borrarlle o perfil. Houellebecq é exactamente o contrario, un devoto do culto a si propio que se erixe un altar mediático a cada lanzamento dun libro. Para promocionar As partículas elementais doeuse da morte da nai, unha señora miúda e revoltalla que, para demostrar que estaba viva, insultouno a eito en O inocente. Publicitou A posibilidade dunha illa esquecendo un borrador nun banco dun parque de París para que o atopase un crítico literario. O mapa e o territorio está protagonizado por un arquitecto que pide un texto a un escritor chamado Michael Houellebecq. Aínda non a lin, polo que ignoro se copiou a entrada na Wikipedia sobre el.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité