lundi 13 septembre 2010
COMER (BASTANTE REGULAR) DE CINE
JORGE COIRA EXPLICOUME a orixe da súa película ‘18 comidas’ razoando que «a maioría das decisións importantes tomámolas mentres comemos». A cinta de Coira é unha excepción a ese xeito tan insípido que teñen as cámaras de amosarnos os pratos. Como as rodaxes se prolongan e teñen que repetir as escenas as veces que mande o director, adoitamos mirar os intérpretes bebendo en tazas das que sorben aire ou sobreactuando para disimular o noxo de inserir frío o pavo de Acción de Grazas.
Hai excepcións. Sobre todo, no cinema de mafiosos... [Lire la suite]
lundi 13 septembre 2010
UN CIGARRO NO BALCÓN
Esta noite era unha data importante para o meu pai. Veu visitarme. Eu estaba sentado onda el, nun sofá verde botella que temos no salón de Ribadeo. Falabamos ás escuras.Vestía un albornoz branco á miña dereita, coa perna delgada cruzada sobre outra perna delgada. A súa cara continuaba sendo a da satisfacción perenne co mundo. "Aita, son las dos de la mañana; tienes que acostarte". "No, sólo quiero que me traigas un vaso de auga porque tengo la garganta seca. Después, fumaré un cigarro en el balcón".