Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 septembre 2010

MARTA LUÍSA E UNS AMIGOS

ESTOU POR facerme amigo no Facebook de Marta Luísa de Noruega. Esta nobre, que anda de cuarta nunha desas ordes sucesorias que lembran á lista a ATP dos mellores tenistas, respaldou hai catro anos un centro educativo que prometía contactos con anxos. A princesa nórdica insiste agora en que pode falar cos mortos. Eu penso, seguindo a autoridade de Jaime Peñafiel, que as monarquías precisan dun tuneado, aínda que a vía Lady Gaga non semella a axeitada. A cantante comparte corpo co espírito da súa tía Joanne; o cal, tendo en conta as dimensións da artista, debe de resultar incómodo. Confío en que a Marta Luísa non lle aconteza como a Houdini. O famoso mago húngaro cría nos espíritos sen marxe de erro, polo que contratou unha medium tras o pasamento da súa proxenitora, pola que sentía un amor de nai deses que se tatúan no peito. A mediadora atopoulle a boa da señora no alén e fixo de intermediaria. Houdini, un tipo espilido, logo reparou en que era unha farsa: «a miña nai non sabía falar inglés». Advirto isto porque non vaia ser o demo que a Marta Luísa se lle ocorra promover un consultorio para as madrugadas televisivas. Debería limitarse a eses parladoiros cos defuntos, que non deixan de ser presenzas de máis consistencia cas que se atopan en Facebook.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité