Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 septembre 2010

UN NARIZ PARA DEZ OLORES

POUCO ANTES de ingresar no sanatorio mental de Waldau, o escritor Robert Walser recoñeceu a súa cobiza dicindo que mudara nunha «alma emisora de novelas curtas, famenta de honorarios». Na altura empezara a esixir adiantos elevados por cada texto que entregaba. Os editores deixaron de ceibar cheques fiándose da admiración que lles inspiraba e o autor suízo comezou a laiarse de «os señores editores non queren saber nada de min porque están tristes e preocupados. Os meus colegas sacáronlles tantos cartos que non lles queda nada para Walser». Quizais o narrador sería feliz se vivise este tempo porque Newsweek vén de publicar unha reportaxe preguntándose quen precisa dun editor. Cita o éxito do enxeñeiro Boyd Morrison, que escribía thrillers e thrillers que non daba colocado. Autopublicouse en electrónico para a Kindle Store de Amazon vendendo 12.000 copias ao mes e logrando que Simon & Schuster lle tirase o texto en tapa dura. En demérito do editor, unha profesional do asunto, a arxentina Julietta Lionetti adoita facer a chanza de que o nariz humano é quen de distinguir 10.000 olores, pero que aos editores abóndalles con ter un olfato que distinga dez libros que van ser éxito para xustificar o salario. Ata o de agora, os editores entregaban o libro coma un paquete pechado ao lector. Esa soberbia ten que cambiar porque grazas ao libro electrónico e ás redes sociais o lector pasará a ser un axente activo, obrigando aos produtores dos textos a atender máis aos gustos e intereses dos receptores. Os editores 2.0 terán que botar o día procurando material a publicar para poder optimizalo co seu coñecemento, criterio e medios promocionais.

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Home, o libro era "un paquete pechado" para o lector antes e seguirá a selo, porque non tódolos lectores forman parte do consello de administración de editorial ningunha. As editoras, ó seren empresas privadas na súa maioría, sempre publicaron para a xente, non vai ser iso unha novidade introducida polo libro electrónico, de ningunha maneira. O lector non vai ter máis poder do que tiña. O contrario sería, ademais, contraproducente. Do mesmo xeito que non é cabal consultar ós pais galegos pola língua na que pretenden que sexan educados seus fillos, non o é que os lectores decidan o que se publica. Do contrario, a literatura foderíase definitivamente como forma artística, porque primaría o máis popular. Non todo o que paga a pena é vendible. Hai tempo, soou por aí que se quería reformar o asunto das librerías, para que cada unha escollera que tipo de literatura desexaba vender. Iso no saiu adiante porque, obviamente, o 99,99% votaría por best-seller internacional.<br /> E o asunto da autoedición non é novo tampouco. Só ten que sobrarche o diñeiro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité