mardi 21 septembre 2010
PATACAS CON VIDA INTERIOR
A MIÑA AVOA MATERNA, Aurora, era anglófila empedernida. Vivía coa mirada erguida cara á ponte de Londres, a actitude lóxica en todo bilbaíno, aínda que ela nacera en San Sebastián. Todo o que conservaba da francofilia donostiarra eran a tortilla orfa de pataca e mais a crema vichyssoise. Para os seus netos, esta última non deixaba de ser un puré con nome cursi, pero puré ao cabo, polo que facíasenos un líquido noxento que nos custaba sangue, suor e horas tragar. Nos últimos anos, aprendín o deliciosa e suave que pode resultar esa... [Lire la suite]
mardi 21 septembre 2010
UN NARIZ PARA DEZ OLORES
POUCO ANTES de ingresar no sanatorio mental de Waldau, o escritor Robert Walser recoñeceu a súa cobiza dicindo que mudara nunha «alma emisora de novelas curtas, famenta de honorarios». Na altura empezara a esixir adiantos elevados por cada texto que entregaba. Os editores deixaron de ceibar cheques fiándose da admiración que lles inspiraba e o autor suízo comezou a laiarse de «os señores editores non queren saber nada de min porque están tristes e preocupados. Os meus colegas sacáronlles tantos cartos que non lles queda nada para... [Lire la suite]