Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 septembre 2010

PRIMARIAS EN GOTHAN CITY

ENTRE EU e as primarias socialistas en Madrid non hai nada persoal, aínda que os medios da capital española teiman en implicarnos a todos. Non parei a valorar se Trini puede porque Jaime Peñafiel confesando en Sálvame que se iniciou cunha prostituta aos 16 tenme bloqueada a capacidade de reacción. A esa idade, eu prolongaba a miña tardoadolescencia coa mesma fe en revocar o improbable coa que se piden prórroga e penaltis para o Ano Santo. Daquela asumía que, por moitos cómics de Batman que lese, non daría trucado o tacómetro vital. Imaxino que os creativos de Trinidad Jiménez están revestíndoa de superpoderes para amosar que pode derrotar ao señor que goberna coa nai de todas as maiorías para despois papar a Cruella de Ville. O malo é que os rivais tamén viron tebeos e unha plataforma de apoio a Tomás Gómez vestiuno de Capitán Trueno. A mensaxe é que eles tamén poden, como Trini. Como poden os debuxantes de Batman, que hormonaron a Robin para vestilo de traxe negro. Agora hai dous Batman combatindo o mal en Gothan City. Terán que facer primarias . Así, os estrategas que len cómics aprenderán que son básicas en democracia. Algo que na patria de Batman practican sen que os medios fagan diso un combate de másters do Universo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité