Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 septembre 2010

OS PRIMEIROS LECTORES DA GRAN NOVELA GALEGA

Escoller os primeiros lectores para un orixinal non é doado. Trátase de que saiban de literatura e de que sexan tan amigos teus que van expresar o que pensan do teu texto dun xeito construtivo, non para amagarche o café da mediatarde. No caso do meu útlimo manuscrito, a cuestión revírase porque van ser os primeiros lectores da GNG (Gran Novela Galega). Por suposto, non teño a soberbia de afrimar que é a GNG baseándome na súa calidade (algo cuestionable sempre), nin na súa perdurabilidade (a min non me interesan os prazos longos: cando finen estarei morto), senón que afirmo que é a Gran Novela Galega porque fala deste tempo e deste país. Eu seleccionei a dous amigos expertos en novela, agora soamente me queda agardar a que remate o seu silencio lector.

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Non coñezo a novela da que falei, pois todo era hipótese, Jaureguizar. Eu son coma Fox Mulder no sentido de que tamén quero crer. Pero non lle sei. E os tempos de retraimento editorial, como o chama vostede, penso eu que duran xa moitos anos. Non se pode dicir que sexa cousa da crise (que tampouco tería sentido). Xa antes, cando San Ladrillo coidaba da economía, a literatura galega xa era moi light.
Répondre
J
Hui. Frío, frío. Pode pensar todo o mal que queira, pero iso non garante que acerte. Os lectores son dous amigos (a maiores, unha deles é a miña axente). Esa novela xa perdeu en certames e non vai volver.
Répondre
J
Supoño que eses dous lectores serán xente que acostuma a estar en algún xurado dalgún premio. Así vai adiantando traballo, non?
Répondre
J
Durmo seis horas;-) De calquera xeito traballo poucas horas ao día porque son poucas horas ao día aquelas nas que fago algo que non me interesa.
Répondre
J
Debería contarnos algo máis desa GNG. De calquera xeito, dígalle ao autor que teime, porque son tempos de retraimento editorial que afecta, en primeiro lugar, a novelas "de mal gusto", pero o e-libro está aí.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité