Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 septembre 2010

OS LIBROS QUE NON VOLVERÁN

OS BIBLIÓFILOS recomendan ferozmente non prestar libros a amigos porque din que, de facelo, terás que escoller entre perder o libro ou perder o amigo. Xabier López vén de presentar catro contos baixo o título de Os libros prestados (Galaxia). O protagonista do libro homónimo sorpréndese da «xente que me prestou os seus libros, na súa infinda inxenuidade, non atinou a interpretar correctamente esa demora primeira na devolución». Estrañamente ese personaxe redactou unha lista de textos que lle deixaron no seu día e dos que se apropiara décadas atrás. Agora vai na procura desas cándidos prestamistas, co que, eses volumes, son fíos de Penélope que posibilitarán que, en certa medida, poida recuperar o tempo perdido a xeito da madanela de Proust. Disque hai dous tipos de parvos: os que prestan libros e os que os devolven. Eu confeso que os devolvo, pero soamente os que pido da Biblioteca Provincial de Lugo porque non quero verme penalizado. Ás veces pregúntome polos libros que prestei e nunca retornaron. O peor é que lembro cada un coma parentes perdidos. Santi Torres é incapaz de saber onde quedou aquel El retrato de Dorian Gray (Bruguera), de Oscar Wilde, que lle deixei hai vinte anos, ou iso me contou a min. Cando menos Miguel Olarte é sincero: cada vez que lle reclamo o novelazo América (Edicións B), de James Ellroy, espétame que non ten intención de repoñermo. Ignoro se o Código Penal contempla coma falta non restituír os libros prestados. Teño difícil sabelo porque o exemplar que comprei cando estudaba Dereito, editado por Civitas, foi para as mans de Tomás e non volvín saber del.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
ja,ja,ja. grande esa achega, Luki
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité