Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 septembre 2010

REIGOSA, ÁS CARREIRAS POR LUGO CON LU E GO

Antonio Reigosa sabe que a Historia non ten por que ser pousada, que tamén pode contarse ás carreiras. Inspirándose nos personaxes de debuxos animados de Tom e Jerry, o escritor baséase na persecución dun rato por un gato para percorrer en 140 páxinas o pasado e o presente de Lugo en ‘Lu e Go pola muralla’. O selo galego de Alfaguara, Obradoiro, vén de editar esta novela protagonizada por Lu, un gato que naceu no Regueiro das Hortas —«na mesma casa onde, supostamente, naceu San Froilán»— e Go, un rato que naceu nun chalet que os herdeiros de Antón de Marcos. Explica Antonio Reigosa que lle buscou eses lugares de nacemento para relacionalos con dúas referencias fundamentais en Lugo, «un deles, cunha lenda, como é que San Froilán naceu nese lugar, e outro cunha familia que marcou época en Lugo». Malia ese chisco, o autor desbota que os nomes de ambos os animais conformen o da súa cidade, «porque Lu chámase así por mor de que é negro e a súa nai quería que fose o Martin Luther King dos gatos negros e Go vén de que os ratos de Fingoi senten moito aprezo polo inventor da imprenta, Johannes Gutenberg, aínda que pronuncian Go polo dialectismo de Fingoi». Lu corre tras Go nunha carreira sen fin, que posibilita a Reigosa regresar ao Lugo romano e medieval. Ademáis do plano histórico, hai outro literario, que o escritor introduce a través de textos de Álvaro Cunqueiro, Bernardino Graña ou Xosé Miranda. A maiores, as carreiras pola cidade fan que se vaian sumando persoeiros locais, como o escritor Paco Martín, o avogado Xaime Dapena, o arqueólogo Enrique Alcorta, as actrices Tareixa Campo e Paloma Lugilde, o fotógrafo de El Progreso Pepe Álvez, ou o alcalde de Lugo, José López Orozco. Unha vintena deles participaron onte na presentación do libro cun paseo polo adarve acompañados pola editora, Ana Guerra. Estas persoas están acompañadas na fición por personaxes literarios ou cinematográficos, como son «Monchiño Lamote, o fillo de Ramón Lamote, o personaxe de Paco Martín,ou SuperMario Poppins, un trasunto masculino de Mary Poppins». Antonio Reigosa desbota que tantas referencias á cidade determinen que a súa novela sexa pechada, «porque esa carreira que non se resolve permite que Lu continúe perseguindo a Go fóra da cidade». Sen deixar de asumir a influencia de Tom e Jerry, o novelista matiza que «a diferenza é que Lu e Go son menos violentos».

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Si, nas carreiras só faltan Cacharro Pardo e máis Fraga, que tamén son lucenses ilustres.
Répondre
B
cool acticle !
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité