lundi 6 septembre 2010

CABARET VOLTAIRE MANIFESTA: OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN

MANIFESTO A PROL DO GALEGO NOS MEDIOS: [Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:11 - Commentaires [5] - Permalien [#]

dimanche 5 septembre 2010

UNHA SOMBRA GRIS NA PAREDE

LUCIEN E DAVID gozaban dunha noite de agosto de 1944 nun parque de Nova York no que se reunían parellas gays. Ambos os dous estaban preas, faltóns e demasiado excitados. Lucien, de 19 anos, pelexou con David, de 33, e acabou cravándolle unha navalla de boy scout no peito. No xuízo pintaría o incidente coma adulto homosexual acosando a raparigo hetero. O extraordinario, a maiores de que David era o pigmalión intelectual e sexual de asasino dende adolecescente, é que Lucien coincidiu na Universidade de Columbia con tres protoescritores... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 5 septembre 2010

O PAN INCORRUPTO

Hai uns días ameceivos con artigos sobre o fantástico e tranquilizador acto de comer. A serie chámase 'Vía Oral' e comezou onte en El Progreso desta guisa: A MIÑA TÍA FELI coñecía un segredo para manter o pan fresco durante meses. O frustrante é que era medio revoltalla e sempre se negou a revelalo. Ao cabo, enterrárona no cemiterio de San Amaro, na Coruña, e a súa fórmula quedou encriptada coma a da Coca Cola. Na Noiteboa abría un caixón dunha cómoda que lle daba servizo no comedor e quitaba un vulto envolto nun pano. Mentres... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 5 septembre 2010

ETA DI QUE SE ESTÁ QUITANDO

Gara: [ETA ha hecho pública hoy una declaración en la que informa de que "ya hace algunos meses" tomó la decisión de "no llevar a cabo acciones armadas ofensivas", al mismo tiempo que llama a los agentes políticos, sociales y sindicales vascos a dar "pasos firmes" para abrir un nuevo tiempo. En la declaración, avanzada por la cadena británica BBC y hecha llegar también a GARA, ETA hace un llamamiento a la comunidad internacional, a la que ya habría informado con anterioridad de su decisión de no realizar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 3 septembre 2010

O SAMURAI CALVEIRO EXHIBE DISCIPLINA CON CATRO NOVOS LIBROS

Marcos Calveiro levaba anos indagando no acontecido cunha embaixada de Xapón que chegou á España do século XVII para facer negocios. Tras unha tempada de xestións, os representantes nipóns embarcaron, aínda que un deles, un samurai alcumado Tomás Felipe non figura na realación dos que subiron a bordo. Pasados uns anos, Tomás Felipe figura como pasaxeiro dun barco que se dirixe ao país oriental. O escritor vigués aproveita a ignorancia sobre a andaina dese guerreiro nipón para imaxinalos nunha serie de catro novelas que vai publicar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:52 - Commentaires [3] - Permalien [#]
jeudi 2 septembre 2010

TRANG ANH HUNG RODA A "INTIMIDADE" DE MURAKAMI

Ñ: [Ese vínculo tan particular que el escritor japonés Haruki Murakami es capaz de construir con sus lectores fue lo que llevó al vietnamita Anh Hung Trang a trasladar Tokio Blues a la gran pantalla y el resultado, Norwegian Wood, se estrenó este jueves en Venecia. "No es que yo quisiera llevar el libro al cine", explicó el director de El olor de la papaya verde, sino esa "intimidad" que Murakami mantiene con los millones de lectores que le siguen. Para ello, continuó, se centró en trasladar "todas las... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 2 septembre 2010

XERAIS DÁLLE FOLGOS A HERTA MÜLLER

XERAIS: [Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos». Esta edición de Randea do alento forma parte da serie As Literatas, dirixida pola escritora María Xosé Queizán, onde xa fora publicada O home é un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 2 septembre 2010

JORGE COIRA SERVIRÁ '18 COMIDAS' NO FESTIVAL DE OURENSE

culturagalega.org: [18 comidas, a película “improvisada” máis experimental de Jorge Coira, competirá pola Calpurnia no Festival de Cine de Ourense como mellor longametraxe. O certame segue firme co obxectivo de dar a coñecer o mellor do cinema independente que se está a producir neste momento. Adiantado no calendario (do 1 ao 9 de outubro e non en novembro para non coincidir con Cineuropa), o Festival ten este ano unha completa sección competitiva. No apartado de longametraxes, Coira competirá coa belga Lost Persons Area, ou a Serbia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 2 septembre 2010

GALAXIA OUTONIZA CON AUSTER, AMIS, BARICCO E LOPO

Galaxia: [Editorial Galaxia segue apostando forte pola tradución dos grandes clásicos contemporáneos, ao tempo que no resto das linguas do noso entorno, cando non antes. Así será coas novas obras de Paul Auster, 'Sunset Park', 'Caos Calmo' de Sandro Veronesi (premio Novela Europea Casino de Santiago 2009), 'A viúva preñada' de Martin Amis ou a nova obra de Alessandro Baricco, 'Emmaus'. Na colección Literaria destacan a publicación do Premio Manuel García Barros deste ano, 'Obediencia' de Antón Lopo, o Blanco Amor, que recaeu no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 2 septembre 2010

MENDIGOS AGRESIVOS

OS MENDIGOS son grandes biógrafos: resumen as súas vidas completas nun cartel. Informan con tres frases sobre o lugar de procedencia, filiación, estado civil e cadro sanitario. Sospeitamos que minten, que esas memorias son tan fición coma o relato Príncipe e mendigo, de Mark Twain, onde dous rapaces cuspidiños intercambian papeis. Sabemos que as persoas que piden sumaron reveses e non restaron alegrías. A Sarkozy non lle gustan, tenos en baixa consideración moral. Comezou extraditando pobres por causas étnicas e de nacionalidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :