Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 octobre 2010

AMEIXEIRAS: "BALTAR É IDEAL PARA CONSTRUÍR UN PERSONAXE"

DIEGO AMEIXEIRAS, en Galicia Confidencial, a respecto de Asasinato no Consello Nacional (xa en 2º edición!!!): [Feijoo non motiva demasiado a miña imaxinación. Penso que entre os persoeiros da dereita galega, Baltar é quen máis podería inspirarme, e con moita diferenza sobre o resto. Estamos falando dun home que presume nas entrevistas de carrexar votos, que chama maricón a un conselleiro do bipartito e que compara a situación dos militantes populares de Allariz coa que viven os seus compañeiros en Euskadi. Non todos os días se atopa xente que che regala tanto material para construír un personaxe. Sospeito que aínda ten moito que ofrecernos.]

Publicité
Publicité
Commentaires
L
Como ben poden supoñer, unha cousa é ter a tiraxe distribuida e outra tela vendida.
E dígolle eu que tiveron que facer unha tiraxe ben curtiña se con estas vendas fíxolles falta unha reedición.

Mírase que Xerais (que nos últimos anos, de tanto guillotinar libros,non me extrañaria que metera en plantilla a Robespierre) estivo ben cautelosa e preferiu facer unha edición modesta e, chegado o caso, reimprimir.

En calquera caso, sempre é unha boa noticia que un libro galego se venda.

Oxalá o vendamos nos tamén.
Répondre

S
A novela sobre o Bloque de Diego Ameixeiras xa ten segunda edición:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/novela-bloque-diego-ameixeiras-xa-ten-segunda-edicion/idEdicion-2010-10-07/idNoticia-597272/
Répondre
J
Vender unha edición dun libro galego non é excepcional. Doink
Canto personaxe, Baltar ten unha renartería graciosa que eu non lle atopo a Fraga. Lémbrolle que Malvar xa retratou en dúas ocasións ao León de Vilalba.
Répondre
J
Libreiro e Doink, xuraría que lin o da segunda edición en algures. Andei procurando o texto, pero non o dei atopado, polo que debeu de ser un lapsu imaginae meu. Pídolles desculpas polo erro.
Eu teño entendido que a novela vai moi ben, pero Libreiro sabe mellor do que fala. Dende logo, nunca un libro galego foi tan comentado na redacción de El Progreso.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité