Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 octobre 2010

OS ESCRITORES XXI ESCRIBEN (ENTRE OUTRAS COUSAS)

O Centro Cultural de Valadares propúxome o reto de participar no XIII Certame Internacional de Improvisación Oral, que comeza o sábado no Verbum de Vigo. Hai tempo que me convencín de que estamos nunha remuda do modelo de escritor neste cambio de década do século, de que xa non podemos parapetarnos tras as nosas obras e saír con bandeiras de conveniencia para dar unha conferencia ca outra. As nosas obras pasaron de ser a base do noso oficio a ser un elemento máis, en igualdade xerárquica, coas charlas, as colaboracións en medios de comunicación, a impartición de obradroiros, a presenza nas redes sociais,... e un campo que, para min, está sen visitar: os monólogos. Debutarei este sábado, ás 19.00 horas, no Verbum.

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Home, se por asumir fora, hoxe non teriamos constitución española nin estatuto de autonomía galego, e si en troques unha monarquía absolutista. Non sei se me entende...<br /> Eu creo que hai cousas que son de lóxica. E un escritor non pode aceptar iso que di vostede enriba. Non por esnobismo, non por torres de marfil. Por coherencia, iso non é posible. Hai unha chea de inconvenientes para o plan, por certo (falta de demanda, de orzamento...), pero sobre todo é iso: aquí dúas e dúas son catro, e non cadran as contas. <br /> Ademais, se un escritor ha de abarcar tanto, a escrita pode rematar desprofesionalizada. Un escritor non é un contacontos, e dígoo sen ton pexorativo cara estes, que ademais desempeñan unha profesión dura, porque actúan para nenos. Pero non é igual. <br /> Non se pode dicir a todo que si.
Répondre
J
Eu non o escribo con ledicía, senón asumindo a realidade
Répondre
D
Si, os traballadores dos obradoiros chineses de imitacións de Nike ou Adidas tamén entenderon un día que os tempos mudaran, e que debían aceptar traballar 18 horas diarias. <br /> Como os tempos muden un pouco máis para os escritores, o último que farán será escribir. Xa o dixo Sánchez Dragó a propósito dun seu libro, off the record, cando coidou que ninguén o oía: xa non tiña tempo para escribir, así que llo escribiu outro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité