Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 octobre 2010

MANUEL JABOIS: "AMEIXEIRAS ENTRA NO CUARTO ESCURO DA POLITICA"

MANUEL JABOIS, espallando mestría coma adoita: [“Calquera día preséntome na sede da UPG cun fusil de asalto”, berra Beiras, aka Xosé Miguel Balseiro. A resposta que obtén é deliciosa: “Seguro que así [Paco Rodríguez, aka] Xelmírez te recibe cos brazos abertos”. Preto dun piano de cola nun salón de mobres brancos e alfombra de bambú, ese Balseiro pecha os ollos escoitando a Jacques Brel e logo di: “Queres que che poña La vals à mille temps ou prefires algunha que insulte á burguesía?”. Ameixeiras saca a rúa Asasinato no Consello Nacional (Xerais), unha novela escrita coas ventás abertas e que foza con enerxía no enxame feliz das familias do BNG tras a derrota de 2009. “Só alguén cun refinado gusto pola coctelería ideolóxica pode mesturar no seu credo a Lenin e a Castelao. Por iso admiro a UPG (…)”, di Guillerme Vázquez / Agustín Seara. O detective Cudeiro colle camiño a Santiago para investigar a morte do deputado Mario Dacosta (sen correspondencia: “non me atrevín a matar alguén”, dixo o autor) aspirante a suceder a Quiroga, o líder derrotado nas eleccións que suspira ao final da novela: “Que volvan facerse públicos tantos desencontros é tan probable coma que eu sexa tertuliano da Cope”. Con esa ironía devastadora dun tipo peculiarmente dotado para ela como Ameixeiras, e un percorrido atento polo clasicismo do xénero negro no cuarto escuro da política, no que vai coándose o fío tremendista da guerra civil e os seus ruidosos espantos, o escritor ourensán vén de escribir un libro excelente.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité