jeudi 7 octobre 2010

XERAIS APOSTA A 12.000 RIVAS

Xerais fai unha aposta sobre unha base firme: 12.000 exemplares de 'Todo é silencio', de Manuel Rivas, para a primeira tiraxe.
Posté par Jaureguizar à 18:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 7 octobre 2010

VARGAS LLOSA: "UNO DE LOS SUPLICIOS DE PENTONVILLE PRISON ERA NO SABER LA HORA"

MARIO VARGAS LLOSA, inicio de El sueño del celta, en El País: [Uno de los suplicios de Pentonville Prison era no saber la hora. En la cárcel de Brixton y en la Torre de Londres escuchaba las campanadas que marcaban las medias horas y las horas; aquí, las espesas paredes no dejaban llegar al interior de la prisión el revuelo de las campanas de las iglesias de Caledonian Road ni el bullicio del mercado de Islington y los guardias apostados en la puerta cumplían estrictamente la orden de no dirigirle la palabra. El sheriff le puso las... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 octobre 2010

A LISTA DE EXPRESEN: MURAKAMI, KO UN, McCARTHY

A lista de Expresen para o Nobel, a media hora do fallo.
Posté par Jaureguizar à 12:20 - Commentaires [1] - Permalien [#]
jeudi 7 octobre 2010

MANUEL JABOIS: "AMEIXEIRAS ENTRA NO CUARTO ESCURO DA POLITICA"

MANUEL JABOIS, espallando mestría coma adoita: [“Calquera día preséntome na sede da UPG cun fusil de asalto”, berra Beiras, aka Xosé Miguel Balseiro. A resposta que obtén é deliciosa: “Seguro que así [Paco Rodríguez, aka] Xelmírez te recibe cos brazos abertos”. Preto dun piano de cola nun salón de mobres brancos e alfombra de bambú, ese Balseiro pecha os ollos escoitando a Jacques Brel e logo di: “Queres que che poña La vals à mille temps ou prefires algunha que insulte á burguesía?”. Ameixeiras saca a rúa Asasinato no Consello... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 octobre 2010

UNHA HORA PARA O NOBEL: RIEN NE VA PLUS!!!

Corman McCartthy encabeza a carreira polo Nobel a falta dunha hora para que se anuncie o gañador. Transtörmer recuperou folgos e Ngugi wa Thiong'o cedeu en enerxías. Tras eles, Ko Un, non parece ameazar.
Posté par Jaureguizar à 11:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 octobre 2010

UN CONTADOR QUE NON COME CARNE E TRIUNFA

Álvaro Agustín dicíame antonte que a regra do éxito na fición é que non existe unha regra do éxito. Por iso non vou intentar explicar o éxito de O contador de estrelas (ben, si, o personal de Obradoiro-Santillana ten boa parte do mérito), pero o asunto é que antes do verán, aos nove meses de ser editado, decidiuse tirar a TERCEIRA edición. Unicamente podo dar as grazas a profesores que confiaron nesa novela e aos rapaces que a respaldaron para que siga correndo o contador.
Posté par Jaureguizar à 02:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 octobre 2010

OS ESCRITORES XXI ESCRIBEN (ENTRE OUTRAS COUSAS)

O Centro Cultural de Valadares propúxome o reto de participar no XIII Certame Internacional de Improvisación Oral, que comeza o sábado no Verbum de Vigo. Hai tempo que me convencín de que estamos nunha remuda do modelo de escritor neste cambio de década do século, de que xa non podemos parapetarnos tras as nosas obras e saír con bandeiras de conveniencia para dar unha conferencia ca outra. As nosas obras pasaron de ser a base do noso oficio a ser un elemento máis, en igualdade xerárquica, coas charlas, as colaboracións en medios de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:57 - Commentaires [3] - Permalien [#]