Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 octobre 2010

FRAN LORENZO: "AMEIXEIRAS NO BNG IMÍTAME A HARRISON FORD ENTRE OS AMISH"

FRAN LORENZO, maxistral en Galicia Hoxe: [O caso é que Asasinato no Consello Nacional terá un curioso efecto colateral que será o de botar a ler unha extensa capa de militantes do BNG, ben máis proclives a xéneros de non perder o tempo como son o ensaio histórico-político, a poesía amiga, a gran biografía ou os manuais de instrucións. Imaxino a eses inopinados consumidores de novela negra devorando as páxinas de Ameixeiras coa mesma fruición que os votantes do PP procuran as claves do seu pensamento e da súa estética nas excrecencias literarias de César Vidal ou Curri Valenzuela. O desembarco de Ameixeiras nese universo silandeiro e un pouco atormentado da Executiva Nacional imítaseme un pouco á chegada de Harrison Ford –o inspector de policía John Book (Xan Libro)–, a aquela comunidade amish da película Único testigo. Os pactos de silencio e a pretendida unanimidade daquela sociedade pechada eran nese filme maxistral un catalizador do relato. Se cadra o Bloque agarda tamén polo seu Xan Libro, un redentor/a sen medo, que resolva o caso do BNG fóra do papel, na vida.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité