vendredi 8 octobre 2010

'ASESINATO NO CONSELLO NACIONAL' XA TEN WIKIPEDIA!!!

Cando unha novela galega logra ter unha entrada de seu na Wikipedia é que esa obra está remudando o panorama literario.
Posté par Jaureguizar à 17:42 - Commentaires [2] - Permalien [#]

vendredi 8 octobre 2010

O CLAN DO OSO CAVERNARIO PASOU DE FACERME GRACIA A PREOCUPARME

José María Garrido, en El Plural: [Unas 150 personas se congregaron (en la presentación del libro 'Chueca no es Teherán', de Enrique de Diego, para escuchar las barbaridades que cada uno de ellos iba diciendo sobre la inmigración, la crisis económica o el Estado de las Autonomías. Sin duda, el más duro de todos fue Enrique de Diego, quien llegó a pronunciar frases como “casi todos los progres viven del contribuyente”, “los islamistas no pasarán. Ni Cataluña ni España serán una república islamista como quieren Zapatero y Montilla” o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 8 octobre 2010

TODOS SOMOS ESCRITORES (PERO ALGÚNS DISIMULAMOS PEOR)

O monólogo co que perpetrarei a ousadía de debutar mañá chámase Todos somos escritores (pero algúns disimulamos peor), que consistirá nun obradoiro de novela en dúas leccións. A pretensión é facer un deses "da idea á libraría", pero aproveitable. Será mañá (sábado) no Verbum ás 19.00 horas.
Posté par Jaureguizar à 12:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 8 octobre 2010

FRAN LORENZO: "AMEIXEIRAS NO BNG IMÍTAME A HARRISON FORD ENTRE OS AMISH"

FRAN LORENZO, maxistral en Galicia Hoxe: [O caso é que Asasinato no Consello Nacional terá un curioso efecto colateral que será o de botar a ler unha extensa capa de militantes do BNG, ben máis proclives a xéneros de non perder o tempo como son o ensaio histórico-político, a poesía amiga, a gran biografía ou os manuais de instrucións. Imaxino a eses inopinados consumidores de novela negra devorando as páxinas de Ameixeiras coa mesma fruición que os votantes do PP procuran as claves do seu pensamento e da súa estética nas excrecencias... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 8 octobre 2010

RIVAS E DE TORO: INTERPRETAR O TEMPO (OU NON)

Veño de recibir o novo de Rivas. Escribiu sobre o campo, logo sobre o 36, despois fixo unha crónica de Galicia mirando á súa cidade. Agora retrata aos beneficiados/esnaquizados das/polas bateas. Confío en que no libro que está por vir nun ano ou dous nos fale do fraguismo. Hai unha razón sólida para que el manteña o liderado da literatura galega e o autor que llelo disputou con firmeza, Suso de Toro, pareza non ser quen de conxelar o seu esluimento: Un escritor debe saber interpretar o seu tempo e ir construíndo a súa obra consonte... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]