Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 octobre 2010

UN NOBEL NA PAPELEIRA

As NOVELAS de Mario Vargas Llosa representaban para min a tormenta perfecta. Durante moitos anos estiven certo de que non lería o primeiro libro daquel señorito relambido, daquel liberal que semellaba máis preocupado da cita co xastre e de que a lama dos arrabaldos peruanos non lle manchase os zapatos Richelieu de Aubercy que de mudar esa realidade arrabaldeira da que se lle enchía a boca falando. Sabía que non tocaría un libro seu porque é «caprichoso», segundo Lander Mendieta, que lle dirixiu a campaña electoral en 1980, cando quixo derrubar con sofisticación europea o exotismo populista de El Chino Fujimori. Dar un cursiño sobre Allan Bloom (‘The closing of american mind’, Simon & Shcuster) nun mes a unhas masas suavemente letradas ten mérito, pero non deixa de ser cándido. Eu tiña aínda máis problemas coa escrita do Nobel 2010: el estaba moito máis interesado ca min nas ditaduras de medallas bruñidas e paso da oca que mantiveron Latinoamérica nun limbo de Pontiacs para uns poucos e cotra para os outros moitos. A maiores, iso era o que máis lle censuraba daquela, as súas obras eran longas de máis. Cando leo novelas que marchan das 200 páxinas teño a precaución de colocar unha papeleira ao pé para botar nela as follas que vou arrincando porque estimo que sobran. Pero houbo un Nadal en que alguén deu en regalarme ‘La fiesta del chivo’. Armeime de papeleira, mais, a medida que ía lendo, debuxábanse ante min o rostro bochechudo de Flaubert e a expresión túzara de Victor Hugo. Vargas Llosa ofrecía a súa solidez construtiva e técnica, sumando un engado singular para narrar. Excusei de usar a papeleira.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Pois ainda está a tempo de ler o seu primeiro libro, "La ciudad y los perros", que é o que mais me gustó a min. Concordo con Vde. no que atinxe ao personaxe e à sua ideoloxia.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité