dimanche 10 octobre 2010

UN NOBEL NA PAPELEIRA

As NOVELAS de Mario Vargas Llosa representaban para min a tormenta perfecta. Durante moitos anos estiven certo de que non lería o primeiro libro daquel señorito relambido, daquel liberal que semellaba máis preocupado da cita co xastre e de que a lama dos arrabaldos peruanos non lle manchase os zapatos Richelieu de Aubercy que de mudar esa realidade arrabaldeira da que se lle enchía a boca falando. Sabía que non tocaría un libro seu porque é «caprichoso», segundo Lander Mendieta, que lle dirixiu a campaña electoral en 1980, cando quixo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:32 - Commentaires [1] - Permalien [#]