Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 octobre 2010

UN LECTOR DE PRINCIPIOS

Un lector de principios é a laretada que vou ceibar ás 19.30 deste serán na Biblioteca Central de Ferrol dentro do ciclo as miñas lecturas. Unha hora antes, pasarei por Radio Fusión de Fene para unha entrevista ao vivo sobre o asunto. A charla comeza tal que asi:

"Vargas Llosa estaba relendo 'El siglo de las luces', de Alejo Carpentier, cando o chamaron para notificarlle que levara o Nobel. Eran as 5.30 da madrugada. Hai algo que non me creo da anécdota. Non acredito en que estivese lendo 'El siglo de las luces'. Moi probablemente estivese lendo calquera outro libro non diría que máis insulso, pero si de menor carga simbólica. Ese libro de Capentier foi unha lectura fulcral para Vargas Llosa, de feito hai unha carta que lle dirixe Julio Cortázar en 1965 no que case que desculpa por aseverarlle que La casa verde arrincona por anacrónico un título coma ese. O seu aserto soame a 'Viva Iria Flavia!' de Cela nos seus estertores. Eu non morrín nunca, pero supoño que cando esta ocupado de finar coa maior dignidade posible non anda dando voces máis propias de cando os quintos marchaban para a mili ca dun pasamento."

Publicité
Publicité
Commentaires
J
como sempre, escribín de memoria. xa vexo que de mala memoria. grazas.
Répondre
O
Pois non é por lle amargar nada, pero penso que o título era El Reino de este mundo. Ao que parece, o seu curso en Princeton versa sobre ese libro de Carpentier.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité