lundi 18 octobre 2010

UN LECTOR DE PRINCIPIOS

Un lector de principios é a laretada que vou ceibar ás 19.30 deste serán na Biblioteca Central de Ferrol dentro do ciclo as miñas lecturas. Unha hora antes, pasarei por Radio Fusión de Fene para unha entrevista ao vivo sobre o asunto. A charla comeza tal que asi: "Vargas Llosa estaba relendo 'El siglo de las luces', de Alejo Carpentier, cando o chamaron para notificarlle que levara o Nobel. Eran as 5.30 da madrugada. Hai algo que non me creo da anécdota. Non acredito en que estivese lendo 'El siglo de las luces'. Moi... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:52 - Commentaires [2] - Permalien [#]

lundi 18 octobre 2010

POÑERSE RICO-RICO

AS MIÑAS COMPAÑEIRAS de redacción opinan que Jamie Oliver debería liberarse dalgúns quilogramos, pero segue sendo atractivo. Oliver é un showcookman, un cociñeiro-espectáculo, deses que teatralizan a cerimonia de preparar alimentos. Arguiñano, é un prototipo do chef que non triunfa por cociñar, senón pola habilidade para comunicar a cociña a base de naturalidade ensaiada -non exenta dun punto de stand-up comedy- e de populismo en canto á sinxeleza da elaboración e ao axustado dos prezos dos seus preparados. Ben sabido é que o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:14 - Commentaires [2] - Permalien [#]