Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 octobre 2010

BIEITO RUBIDO: "FAGAMO OS XORNAIS AO REVÉS: PRIMEIRO EN INTERNET E LOGO EN PAPEL"

BIEITO RUBIDO, en Galicia Hoxe: [Non, eu non penso que os xornais en papel vaian desaparecer pero temos que convencernos de que non podemos facer os xornais de hai 15 anos, con moitísima xente dedicada ó papel, con rotativas grandes... todo iso está cambiando. As estruturas do papel van adelgazar moito, van quedar, practicamente, como quen edita un libro. Por exemplo, unha das cousas que hai que cambiar é que agora se fai un xornal en papel e despois se volca no dixital. Pois hai que facer ó revés, primeiro ti fas a páxina en internet e o que máis interesa é ó que lle tes que dar un tratamento distinto ó día seguinte no xornal.

Temos unha burbulla mediática. Sobran xornais, sobran teleevisións, radios e sobramos, problamente a metade dos xornalistas, e hai que decilo. Témoslles máis medo ás palabras que ós feitos. Non é politicamente correcto. Claro, dicir que aquí sobramos a metade dos xornalistas!!!, pois sobramos e non pasa nada. Ademais eu si aprendín unha cousa, que na vida non te tes que resignar. Se me toca a min de irme, pois hai que buscar outras cousas, toma isto como un revulsivo, cambia. Un xornalista moi ilustre norteamericano dicía "non sexa vostede toda a súa vida xornalista, sexa máis cousas".]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité