Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 octobre 2010

O BISONTE SANITARIO

EU NON TEÑO biografía fumadora. Por iso, fascínanme as persoas que deixaron o tabaco. Contan cada noite sen ter prendido un cigarro. «Catro meses e once días sen probalo», presumen con ese orgullo de nai primeiriza falando do bebé. Supoño que tras ese logro, hai un esforzo inmenso e varios intentos. Lembro a miña nai cando (nos dicía que) cesara no alcatranado do seus pulmóns. Unha tarde esqueceu de airear o cuarto de baño e descubrimos que rescatara os hábitos da mocidade. O tabaco debía de ser a única cuestión na que o meu avó materno estaba de acordo con Franco. Malia vivir cerca de Francia e ser donostiarra consorte, o vello non se deixou seducir polo Gainsbourg que lle cantaba a Catherine Deneuve que «Deus é un fumador de habanos». Ela desprezábao: «Ti non es máis ca un fumador de Gitanes». Mesmo na nicotina hai clases. Eu carezo de autobiografía fumadora porque me presentaron o tabaco con 10 anos. Ramón, que tiña 15, veu polo barrio cunha caxetiña de cigarros curtos e sen filtro, como lle gustaban a Gainsbourg. Pero non eran os seus Gauloises, eran Bisonte. Toscos, ásperos, infumables. Deberían repartilos entre os rapaces para que os probasen. Excusaríamos de normas coma a que vai apagar aínda máis cigarros a primeiros de ano.


Publicité
Publicité
Commentaires
E
Pois como volva repintar todo voume * na tos (dado o asunto do que trata o post)
Répondre
J
Erre, vai un voto a favor do cambio contra outro que se opón. Agardo máis opinións
Répondre
E
Ademáis da razón que ten (eu sonlle un deses ex- que farda de selo), viña dicirlle que a nova pintura da casa me gusta moito; lese todo máis fácil. Xa dirá onde a mercou.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité