Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 octobre 2010

LOIS PEREIRO: "UN MENSAJE HÚMEDO DE VIDA Y DE FURIA NECESARIA"

iago Martínez, en Xornal: [O lectorado español podería ter ao seu dispor a obra completa de Lois Pereiro na primavera do ano que vén. A editorial catalá Libros del Silencio ultima un acordo coa familia do poeta monfortino para poñer nas librarías unha edición bilingüe dos tres libros de poemas, que podería incluír ademais dous textos en prosa: o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha historia universal da infamia, recollido no volume póstumo Poemas para unha loia, e Náufragos do paradiso, a novela que deixou inacabada. A publicación do libro coincidiría coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicado en 2011 a Lois Pereiro. Sería a primeira vez que os tres títulos da súa obra poética –Poemas 1981/1991, Poesía última de amor e enfermidade e Poemas para unha loia– aparecesen reunidos nun único volume e en lingua castelá. A que está a preparar o poeta e xornalista Daniel Salgado sería a primeira tradución destas características. Até agora, os lectores españois só podían acceder á obra do monfortino de maneira parcial. Por caso, a través da antoloxía bilingüe Después de la modernidad preparada por Julia Barella para a editorial Anthropos en 1987, onde se recollían varios poemas seus.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité