Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 octobre 2010

OS LECTORES DURMINTES

A LECTURA DEBE de ter algún efecto secundario desagradable e mesmo pernicioso. Non pode explicarse doutro xeito que practicamente toda a poboación adulta dos países nos que se emite ¡Mira quien baila! estea capacitada para ler e case que ninguén o faga. Allan Bennet reflexiona sobre o asunto en Unha lectora fóra do común, que vén de publicar Rinoceronte. Na súa fición, a raíña de Inglaterra descubre a lectura a xeito de quen namora: o amor entra no organismo dun xeito inadvertido, pero logo se instala no pensamento. A Sabela II acontécelle o mesmo coa lectura nesa novela: coñécea por unha causalidade, pero logo non lle marcha de corpo. En cada visita oficial que fai, require a quen se lle cruce para que confese o que está lendo. «A Biblia!»,dinlle uns; «Harry Potter», expresan outros en referencia a un personaxe que lle soa. O problema é que unha boa parte desas persoas son lectores durmintes, que non teñen activada a súa capacidade para gozar dos libros. A monarca vai dando nunha quixotización, lendo ata cando saúda na carruaxe ao común que fai ondear bandeiriñas da Union Jack para ela. Os asesores monárquicos deciden apoiarse nesa afección para que recomende lecturas ao pobo, algo que lle parece estrafalario porque segue sen comprender os motivos de que a xente non practique unha actividade tan divertida. Non pensa no ben que podería facer, como non o pensa Xosé Ramón Gayoso para o Luar. O privilexio de ser referente é aproveitado por Oprah Winfrey, a estrela mediática norteamericana, que marca tendencias no sector editorial a golpe de recomendación no seu programa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité