mardi 26 octobre 2010

UN REGALO DE ANIVERSARIO

Este verán volvín gozar dun deses estupendos bonitos que fabrican en Burela. Uso o termo fabril porque teñen un aspecto tan atractivo, un brillo suave tan especial na pel que non me atrevo a xurar que non os sometan ao Photoshop. A peixeira de garda que mo vendeu debía de opinar o mesmo ca min sobre a perfección do túnido porque ao cortarmo fixo un desguace como o que padeceu a frota mariñá. Pese ao coitelo malintencionado da vendedora, a carne mantiña a súa soberbia gama de rosas e morados, polo que logo decidín que o seu derradeiro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

mardi 26 octobre 2010

UN IMPRESOR CATÓLICO RETÉN 'RETRANCA'

Comunicado de Retranca: [O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma. Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 26 octobre 2010

ERNESTO CHAO: "QUEREMOS ARTES ESCÉNICAS OU NON?"

ERNESTO CHAO, en Galicia Hoxe: [Chegou o momento de que os sectores implicados, profesionais ou non, a sociedade en xeral e os políticos e administracións se deteñan a decidir se Galicia debe ter unhas artes escénicas de seu. Se a resposta é afirmativa, o camiño é outro. Malia ser conscientes de que as eivas do sector veñen de atrás e que nos últimos anos se comezou a percorrer o camiño para palialas, os representantes da asociación consideran que a actual crise, ben directamente, ben como desculpa política, volveu poñer todo no punto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]