Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 octobre 2010

RAEVERTE

O MEU TÍO Santiago foi carlista dende mozo ata que o soterraron. Estou certo de que segue cubríndose coa txapela vermella en cada amencer. A súa fe na causa perdeu tensión cando o Partido Carlista ingresou en Izquierda Unida.«E para isto andei a tiros cos comunistas no Ebro?», interpeloume un día para cuestionarse a si mesmo. Aínda aconteceu algo peor, algo que o empuxou ata o borde da apostasía: o divorcio do pretendente Carlos Hugo. O meu proceso coa Real Academia Española da Lingua foi paralelo ao do meu tío. Fraqueoume a fe na súa autoridade idiomática cando incorporou a Mingote e xa non termou de min ao facer académico a Pérez-Reverte. Non é tanto que os remedos dos tres mosqueteiros que ensaia o novelista me parezan ranciadas extemporáneas nin que a súa prosa arrabaldeira logre estomagarme. O peor é a súa pose de lexionario bébedo, esa actitude de Millán Astray abrazado a un Franco que amosa a lingua. Cualificar de «merda» a Moratinos por emocionarse debería ser motivo de expulsión da RAE. A nostalxia xa non é o que era e os que añoran os Terzos de Flandes carecen da educación dos vellos carlistóns. Malia a decepción que sufriu o meu tío cando o PSOE empezou a gobernar, nunca lle sentín defecarse en Felipe González.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité