Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 octobre 2010

BRAGADO: "TEMOS QUE SUPERAR A IDENTIFICACIÓN ENTRE DIXITAL E GRAUTÍTO"

MANUEL BRAGADO, en Brétemas: [Cremos que, polo momento, non van desaparecer a publicación de libros impresos, mais xa é un feito innegable que están desaparecendo ou diminuíndo até cifras case marxinais a edición de determinados xéneros e tipos de edición. Nos vindeiros anos as edicións impresas e electrónicas convivirán no mercado e nos hábitos dos lectores, procurando cada unha delas os seus espazos de especialización. No entanto, os libros impresos máis fermosos e máis coidados serán os que máis posibilidades contarán de obter o apoio dos lectores e lectoras, o que constitúe un reto para os editores que aposten por continuar con este formato analóxico. Como tamén, é un feito indubidable que as redes sociais dixitais son hoxe as ferramentas máis útiles para promocionar o libro impreso e o fomento da lectura en ambos os dous soportes. Estou convencido de que o desenvolvemento dunha rede social específica para o libro en galego é un requisito indispensable para asegurar a autonomía do noso sector neste proceso de tránsito e convivencia de soportes. Se non se supera a actual identificación do dixital co gratuito, non haberá posibilidade de reconstruír unha cadea de valor intersectorial para a edición profesional dos libros dixitais. Modelos como os que se anuncian de pago por lectura, popularmente o «Spotify dos libros» ou os libros da nube (Bookish e 24symbols) poden ser unha alternativa a considerar.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité