Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 novembre 2010

TEÑO O DE IOLANDA POR EMPEZAR

Transcorren os anos, pero nós disimulando. Eu pensei que Internet nos liberara da españolición, da castellanite, pero comprobo decepcionado que os tumores seguen aí. Pensei que deveceíamos por vivir en Babelia, a cidade xardín das mil linguas, pero a Babelia soñada é un suplemento de 16 páxinas. Aínda rogamos a Madrid un breve nas páxinas canonizadoras e esmágame a decepción. Internet conectounos, presentounos entre nós aos que vivíamos no arquipélago galego e posibilitounos darnos fala decotío, pero aínda nos xuntamos ao pé da estatua de Curros Enríquez na Coruña para esmolear unha reportaxiña que nos trate coma un destino máis de Ryanair. Conversei polo longo con Rivas nunha mañá de solaina na semana pasada. Loubamos Calveiro, loubamos Ameixeiras. El reveloume que hai cousas ben interesantes e ben novas entre os emerxentes latinoamericanos. Eu descoñézoo, pásame desapercibida como a temperatura media na chaira central de Mongolia Exterior. Ignoro a nova literatura española, porque parafraseando deformadoramente un falso Muhammad Alí, eles nunca leron os meus libros, nin os libros dos meus camaradas de sistema; mesmo nin preguntaron por eles. Nunca miraron o que medraba desta beira da M40. Xa que logo, non acho o motivo para asomarme eu dende a beira de acolá. Estou perdendo algo, seino; pero canto? Paga a pena a cantidade? Agora eu tamén podo ler a Auster, Murakami, Amis, Updike ou Müller na miña lingua. Son tan cosmopasta coma eles. Se quero innovación, non preciso de comprar Nocilla. Dou por suposto que mudou a estética do tarro dende que a miña nai o quitaba para acastañarme as rebandas de pan.

Escritores españois? Bolaño! Pero é que hai algo máis e mellor?

Innovación? Teño o de Iolanda por empezar.

(Non, claro; non falo de baixar os mastes das barreiras; falo de respecto por nós mesmos. Pero quen falou de renunciar ao español, a un mercado amplo? Non, pero deberíamos propoñermos vendermos nós a nós mesmos. A proposta é ampla e complexa, pero Internet Bocaorella é o noso amigo)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité