Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 novembre 2010

VARELA CREA A DIRECCIÓN XERAL DO LIBRO E CÁRGASE A DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN

Cultura Galega: [A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da Consellaría de Cultura. O departamento será substituído pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se dedicará á promoción das industrias culturais do país.]

Descoñezo ata que punto nos vai afectar a supresión dun organismo para integralo no Agadic, intúo que todo seguirá igual porque parece que van atender máis á promoción e ao fomento do consumo cultural, na liña teórica que proclamou sempre este conselleiro. É unha excelente noticia que o Libro teña unha atención independente e especifica, sendo a máquina mestra que tira da nosa cultura.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité