Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 novembre 2010

VARELA RECUPERA PODER E POXA CO LIBRO

Esta mañá debatín con @autonauta e @bretemas na escaleira sobre esta mudanza. Había dúbidas sobre o orzamento, dado que reduciron moito o de Varela. Supoño que tirará doutros departamentos. Sería parvo crear un organismo e non darlle os medios para que triunfe. Cando un fai unha aposta persoal como é inventarse unha dirección xeral, ten que asegurarse de que vai ter o orzamento preciso para que lle permita lucirse. Tendo en conta que Varela decidiu recuperar o poder que cedera ao seu equipo con este zafarrancho e quere que a cultura galega se consuma e se exporte, non pode contar co cinema (demasiado caro e con pouco peixe vendido), non pode contar coa música (a etiqueta 'galega' que nos puxeron fóra acabou cando pasou a moda das pañoletas palestinas e o calimocho e non hai unha figura extraterritorial nin en cosmopasta nin en clásica), non pode contar coas artes plásticas (Lamazares, ben; pero non abonda) e non pode contar coas artes escénicas (Tosar é indisciplinado protocolariamente falando e co resto do sector non se leva. Chao non cansa de montarlle roldas de prensa). Quédalle o libro para ter unha conta de resultados que antepoñer aos que queren deitalo por demasiado técnico. Pode exhibir a Rivas, que ten proxección e exquisitez, aínda que lle faltan dous ou tres nomes máis para presentar (ti non es exportable, Pepe, por moito que te esforces en disimular a soldada cantando boleiros igualitaristas no Culturas) e iso vai ser un atranco de toneladas. Tamén pode presumir de Xerais, Galaxia, Kalandraka,... e de toda unha poderosa tradición de rosalías, blancos amores e curriños. Eu creo que a mudanza vai por aí.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité