mardi 2 novembre 2010

VARELA RECUPERA PODER E POXA CO LIBRO

Esta mañá debatín con @autonauta e @bretemas na escaleira sobre esta mudanza. Había dúbidas sobre o orzamento, dado que reduciron moito o de Varela. Supoño que tirará doutros departamentos. Sería parvo crear un organismo e non darlle os medios para que triunfe. Cando un fai unha aposta persoal como é inventarse unha dirección xeral, ten que asegurarse de que vai ter o orzamento preciso para que lle permita lucirse. Tendo en conta que Varela decidiu recuperar o poder que cedera ao seu equipo con este zafarrancho e quere que a cultura... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 2 novembre 2010

VARELA CREA A DIRECCIÓN XERAL DO LIBRO E CÁRGASE A DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN

Cultura Galega: [A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da Consellaría de Cultura. O departamento será substituído pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]