Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 novembre 2010

VARGAS LLOSA: FURIBUNDO, EXTREMO; CONTRADITORIO

Vargas Llosa critica o nacionalismo belga e defende o nacionalismo africano no seu último libro, pero hoxe defendeu que o único nacionalismo bo é o nacionalismo esmagado. Loubou a Casement argumentando que ergueuse coma un dos primeiros europeos que denunciou os horrores do colonialismo. A maiores, foi un dos fundadores do IRA e loitou pola independencia do seu país. A respecto disto, recoñeceu que "o que fixo Casement por Irlanda é positivo". É triste reunir nunha soa persoa tanta intelixencia e tanta cultura para barbarizar dicindo que o nacionalismo "hai que combatilo de xeito sistemático e enérxicoa", pois, aínda recoñecendo a súa necesidade "no caso de países ocupados ou de vítimas de invasións coloniais", se se escarba nas súas raíces, neses "hai tamén unha actitude discriminatoria que conduce á violencia". (Debe de ser que o acoso da prensa non lle permite durmir dende que gañou o Nobel).

Malia os seus exabruptos, apuntou unha visión moi interesante sobre Arxentina, comentando que "mentras Argentina non deixe atrás o peronismo, unha experiencia fundamentalmente populista, ese país non despegará".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité