jeudi 4 novembre 2010
BRAGADO: "A DIRECCIÓN XERAL PODE SER UNHA GRAN NOTICIA OU UNHA DECEPCIÓN"
Manuel Bragado, en Brétemas: [A creación dunha Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas supón elevar de rango administrativo e político o libro, apostando por priorizar as políticas de lectura, o que constitúe un motivo de esperanza. No entanto, a pesar do espectacular e inagardado anuncio, que ende ben supón unha reestruturación da Consellaría de Cultura, ao que non pode ser allea, tampouco, a próxima inauguración da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, a chave reside nos recursos humanos e económicos cos que contará esta nova... [Lire la suite]
jeudi 4 novembre 2010
IAGO MARTÍNEZ: "OS CAMBIOS EN CULTURA SON AMBICIOSOS E ESCASOS"
IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [Varela móvese. O conselleiro de Cultura vai crear unha dirección xeral e suprimir outra antes de tomar as uvas. A nova será para o sector (estratéxico) do libro, as bibliotecas e os arquivos. Extínguese a de Promoción e Difusión da Cultura, un macrodepartamento que se revelou máis acaído á capacidade de xestión de Luís Bará que á de Francisco López, o seu sucesor no cargo. O escritor e xornalista ourensán cederalle competencias á Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e peso político ao seu... [Lire la suite]