Recupero (hoxe, cun chisco máis de tempo ca onte) un lúcido e lucido artigo de Pereiro sobre a continua cesión de poder que está facendo A Coruña, a cidade-estado que foi capital aberta de Galicia ata que nos 80 perdeu a capitalidade política, nos 90 a capitalidade cultural (polo rojigualdismo taurino e toponímico de Vázquez), nos 10 vén de cedeu (ao sur) a capitalidade financieira e a capitalidade da comunicación comeza a disolverse (grazas á que internet deslocaliza as axendas dos dirixentes de menos de 50 anos, que se van incorporando). O pulo de Inditex garántelle o liderado como capital empresarial. A perda da influencia está determinando un peche ou como acerta Pereiro, unha depresión.