vendredi 5 novembre 2010
A CORUÑA: DECLIVE E PECHE DA CIDADE-ESTADO
Recupero (hoxe, cun chisco máis de tempo ca onte) un lúcido e lucido artigo de Pereiro sobre a continua cesión de poder que está facendo A Coruña, a cidade-estado que foi capital aberta de Galicia ata que nos 80 perdeu a capitalidade política, nos 90 a capitalidade cultural (polo rojigualdismo taurino e toponímico de Vázquez), nos 10 vén de cedeu (ao sur) a capitalidade financieira e a capitalidade da comunicación comeza a disolverse (grazas á que internet deslocaliza as axendas dos dirixentes de menos de 50 anos, que se van... [Lire la suite]
vendredi 5 novembre 2010
PANCARTAS Á ESCENA
Galicia Hoxe: [O recorte que afecta á Consellaría de Cultura deixa o orzamento de 2011 en niveis semellantes aos de 1987". A rebaixa é "humillante" e "inaceptable", polo que o que queda é "coller as pancartas". E só cinco ou sete millóns dos 23 destinados á Cidade da Cultura para o 2011 bastarían para pór as artes escénicas de Galicia "ao nivel que lles corresponde". Son só algunhas das críticas á Consellaría de Cultura que onte expresaron os profesionais que participaron no encontro As... [Lire la suite]
vendredi 5 novembre 2010
O FLAN DEMOCRÁTICO
BERLUSCONI sabe que os parlamentos son platós de televisión. Unha vez comparou o seu grupo co da oposición. «A dereita é moito máis guapa ca esquerda», opinou. Italia, dada a confundir as feiras de monstros coas campañas electorais (Cicciolina e accesorios), fundou un novo modelo gubernativo: a democracia televisiva. Paolo Vasile semella teimar agora en converter Telecinco no principal grupo parlamentario. Vasile sabe que en tempos de crise non importa tanto a capacidade para solventar os problemas como a capacidade para facer crer á... [Lire la suite]