Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 novembre 2010

A ECONOMÍA CONTADA AOS NENOS

HOUBO UN CURSO no que todos os compañeiros de facultade botaban as clases cun salmón no pupitre. Non se trataba de que decidiran mellorar os niveis de omega 3, senón de que se lles dera por comprar prensa económica. Daquela Mario Conde era o máis listo do barrio e cada estudante convencera ao seu corazonciño de que a el tamén lle acaería a gomina nas xuntanzas dos 7 Grandes, que eran os dirixentes dos grandes bancos. Logo descubriuse que Conde era o máis listo dos moinantes e o alumnado regresou en tribo ao Marca. Agora devorounos a crise. De súpeto atopámonos como cando se che para o coche nunha estrada secundaria dos Ancares que carece de cobertura e todo o que se che ocorre é buscar o manual de instrucións para tratar de solucionalo. Por iso andamos lendo libros que nos orienten no caos financieiro. Leopoldo Abadía está xenera que che xenera plusvalías grazas a La crisis Ninja (Espasa Calpe), no que explica a economía como aquel La Biblia a todo color (Bruguera) me axudou a coñecer o cristianismo: de xeito superficial e agarimosamente naïf. O sorprendente é que Abadía terma das teorías da avoa: iso de de que un peso aforrado sumado a outros pesos aforrados ao longo de cen anos... O de animar ao consumo debe de deixalo para os herdeiros de Areces, que para iso teñen El Corte Inglés. Abadía volve con La hora de los sensatos (Espasa) renovando o estupor dos seus colegas. Eu rezo a George Soros, que publica El nuevo paradigma de los mercados financieros (Taurus), ou a John Cassidy, que edita Por que quiebran los mercados? (RBA), ensaios amenos sobre economía que non nos tratan de subprimos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité