dimanche 7 novembre 2010
GERARDO HERRERO CONVIDA A LEO CALDAS AO CINEMA
O inspector Leo Caldas pasará de protagonizar as novelas do escritor vigués Domingo Villar a protagonizar a versión cinematográfica de A praia dos afogados, o segundo libro da serie. O produtor Gerardo Herrero está volcado neste proxecto a través da súa empresa, Tornasol Films, que conta coa colaboración da coruñesa Milú Films. O proxecto está na fase de escrita de guión, na que Domingo Villar decidiu manterse á marxe. A rodaxe está prevista nos escenarios que se describen na novela, Vigo e as Rías Baixas. A novela anterior que... [Lire la suite]
dimanche 7 novembre 2010
A ECONOMÍA CONTADA AOS NENOS
HOUBO UN CURSO no que todos os compañeiros de facultade botaban as clases cun salmón no pupitre. Non se trataba de que decidiran mellorar os niveis de omega 3, senón de que se lles dera por comprar prensa económica. Daquela Mario Conde era o máis listo do barrio e cada estudante convencera ao seu corazonciño de que a el tamén lle acaería a gomina nas xuntanzas dos 7 Grandes, que eran os dirixentes dos grandes bancos. Logo descubriuse que Conde era o máis listo dos moinantes e o alumnado regresou en tribo ao Marca. Agora devorounos a... [Lire la suite]