Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 novembre 2010

SE CHE GUSTOU A ESCOLA, ENCANTARACHE O TRABALLO

Onte pola mañá estiven en Ikea e mirei dúas monxas de clausura entrando e empecei a preguntarme o que estaban facendo alí. Mirei que se dirixían ao despacho do xerente cun feixe de tickets. Cando saín fóra ao aparcadoiro, mirei un tráiler que cargaba uns taboleiros inmensos, que me deixaron perplexo ata que vin esa cruz que os da Voz din que Iago Seara copiou dunha de Burgos. Comprendín logo que o estrado branco e inmenso que usara o Papa en SCQ fora comprado no Ikea e as monxas aproveitaran o prazo de seis meses para devolvelo.

Non me sorprendeu porque a nosa vida é Ikea. O ocio é Ikea. A literatura que lemos é Ikea, porque hai están Stieg Larsson, Pamela Anderson ou Bibi Andersen. A literatura Ikea é que che dá elementos do crime para que os montes por ti mesmo indicándoche paso a paso como facelo. E nunca sobre un parafuso. Miqui Otero escribe sobre o ocio Ikea, pero non fai literatura Ikea. Escribe sobre un ocio que che dan solucionado, pero dende o punto de vista dos que deben solucionalo.

Miqui Otero, xenealoxía do barcelonés de orixe mindoniense, como Francisco Casavella, lucense, como Vázquez Montalbán, fillo de lancarés. Naceu en Barcelona, no ano 1980. O seu traballo máis breve foi como montador de bolis BIC, o que lle permitiu estar en contacto físico co mito. A verdade non sei por que o deixou, porque en vez de traballar creando algo que permite á xente contar historias, preferiu darlles as historias contadas no xornal ADN, como xefe da sección de Cultura, que é o cuarto de invitados dos xornais, que están moi bonitos e non se usan. A maiores de traballar nun periódico, Miqui Otero fai periodismo escribindo e editando fanzines pop, organizando clubs de amantes da música e o cinema como Our Favourite Club, publicando discos en Doble Vida e organizando ciclos con bandas de Barcelona.

O seu protagonista, Tristán deixa o seu traballo de garda de seguridade para irse a traballar a Villa Verano, un sitio peculiar, feito “co material das fallas”, no que o nomean 'Traballador B', un macrocentro de ocio no que ten que botar o día disfrazado e cumprir unha serie de normas ríxidas sen chistar. Nese lugar coñece un vello e escéptico rockeiro que lle presenta outra Barcelona, a de medio século antes. Estamos ante unha distopía como Un mundo feliz, Farenheit 451 ou 1984, pero soamente para os traballadores. Lendo, acordaba de Non me deixes nunca de Ishiguro.

Hilo musical é unha novela de dualidades, porque o fío musical emite versións suavizadas das cancións. Villa Verano é unha versión suavizada da realidade. Tristán é unha versión suavizada do escepticismo de Inocenhttp://www.anagrama-ed.es/titulo/PN_723te, que ten o seu fío musical na BCN dos 60, onde el tiña un grupo e explotaba o rock con Los Salvajes. Alternativa a Dúo Dinámico, Los Mustang, Lone Star, Los Sirex.... A música interior de Tristán é Galicia, sobre todo Mondoñedo, unha vila que recende a “pedra fría e pan”. O fío musical é tamén a cinta das rápidas e as lentas, que escoitaba no coche dun amigo no que botou o tempo de universidade no canto de estar en clase. “A universidade é unha institución penal que che obriga a esquecer a infancia”. Lémbrame a ese libro de Irvine Welsh 'Se che gustou a escola encantarache o traballo'. Teño a sensación de que 'Hilo musical' está nun cruce de Félix Rodríguez de la Fuente e Walt Disney. En Hilo Musical, Otero crea un mundo, recrea o noso mundo. E iso é moito máis do que pide un lector Ikea.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité